In Reverse @ Feito a Man´10




O Festival Feito a Man que se celebra en Santiago de Compostela durante o mes de agosto representa cada ano unha mestura de estilos e formacións que enchen espazos emblemáticos da cidade. Foráneos e autóctonos, veteráns e noveis agasallan ós paseantes coa súa música da noitiña ó solpor. En ocasións asistimos, con sorte, a algún nacemento, á transmutación da larva a bolboreta, cando a maxia da eclosión respírase no ambiente. Así foi o concerto que o martes 17 ofreceu In Reverse na transitada Vía Sacra.



Najla Shami, integrante de grupos como LobaLú, Safari Orquesta, Ema na Boa ou o Coro da Rá, presentóunos este seu novo proxecto que camiña da man de Paco Dicenta (baixo), Max Gómez (baterista), e Xan Campos (teclados). Unha fresca mestura de funk, soul e jazz.








O cuarteto naceu coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando éstes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.




A banda explorou as posibilidades do seu son a través de arranxos e cancións frescas de ritmos apegadizos coas que crearon unha ponte co público que encheu o show de grande dinamismo.



A audiencia disfrutou e agradeceu o esforzo destes catro músicos no que foi a súa estrea en directo. Profesionalidade e clase foron as súas armas.




A desexada segunda entrega será o mércores 25 ás 22:30h na Praza de Cervantes.
Non a perdades!


In Reverse no Festival Feito a Man - Festival dos Abrazos 2010:
Vía Sacra 17/08, 20.30h
Praza de Cervantes 25/08, 22.30h

0 comentarios:

 
SIN PAUSA. Design by Wpthemedesigner. Converted To Blogger Template By Anshul Tested by Blogger Templates.