Presentación do "Feito a Man"


Hoxe, 5 de agosto, asistimos á presentación do festival "Feito a Man" no pub Momo... A Rúa en Santiago de Compostela. O acto foi conducido por Angela Porto do local "A Borriquita de Belém" e Manu Rodríguez en representación do "Modus Vivendi", ambos integrantes da Asociación Cultural "Cidade Vella", agrupación que loita cada ano para que este interesante encontro cultural siga a revitaliza-las rúas e locais de Santiago.



Xacobe Martinez Antelo de "Xacobe Martínez Cuarteto" e Xan Pampín da "Banda das Crechas" puxeron voz ós músicos que participan nesta edición que por terceiro ano consecutivo intégrase dentro do Festival dos Abrazos.


Abrindo e pechando o acto, disfrutamos da música de Najla Shami e Héctor Lorenzo que amenizaron a sesión vermouth interpretando "Singing In The Rain" e "The Way You Make Me Feel" nunha mañá irónica e gratamente veraniega.
Najla Shami está tamén presente nesta nova edición do Feito a Man co proxecto In Reverse, unha fresca mestura de funk, soul e jazz.





Podedes atopar toda a información referente ó festival na Web do Festival dos Abrazos
ou segui-las distintas actividades a través de Facebook, Twitter ou Myspace entre outros.

0 comentarios:

 
SIN PAUSA. Design by Wpthemedesigner. Converted To Blogger Template By Anshul Tested by Blogger Templates.